Novas

  • O SLG de Ordes celebra este venres a décima edición da Romaría por un mundo rural vivo

    O SLG de Ordes celebra este venres a décima edición da Romaría por un mundo rural vivo

    • 10,Set 2014
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    A festa comezará cun xantar compartido ás 14:00 horas e estará amenizada ao longo do serán con competicións de xogos tradicionais, música e o sorteo dun año entre as persoas que participen. A asistencia é libre e pode vir quen queira, aínda que non sexa afiliado ou afiliada do SLG. Deste xeito, o SLG de Ordes dá continuidade a unha festa de irmandade labrega que tivo como escenario da súa anterior edición a parroquia das Encrobas, en Cerceda.

    IX Romaría das Encrobas Imaxe de arquivo da novena edición da Romaría labrega por un mundo rural vivo, celebrada nas Encrobas