Novas

  • O SLG coorganiza as xornadas “Consumo sostible e xénero: novas preguntas, novos retos”

    O SLG coorganiza as xornadas “Consumo sostible e xénero: novas preguntas, novos retos”

    • 26,Abr 2013
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Do mesmo xeito, entre o 23 de abril e o 13 de maio, celebraranse en Compostela as xornadas “Consumo sostible e xénero: novas preguntas, novos retos” das que o SLG é coorganizador xunto a Panxea, A Cova da Terra, Coordinadora Galega de ONGD, Sodepaz Comercio Xusto, Xarxa de Consum solidari, Marcha Mundial das Mulleres Galiza e Verdegaia. Neste caso, tamén contaremos coa participación de Isabel Vilalba, que ofrecerá unha charla baixo o título “O papel das mulleres na produción de alimentos dende a óptica da Soberanía Alimentaria” o vindeiro luns, 29 de abril. De seguido, facilitamos o programa das xornadas galegas (tamén se pode descargar en pdf premendo na incona que hai no remate desta páxina):

    • 23 de abril, ás 19:30 horas: “Sinerxias entre feminismo, ecoloxía e consumo responsable” por Miriam Nobre.
    • 29 de abril, ás 19:30 horas:  “O papel das mulleres na produción de alimentos dende a óptica da Soberanía Alimentaria”, con Isabel Vilalba Seiva (Secretaria Xeral do SLG).
    • 13 de maio, ás 19:30 horas: “Economía feminista e con visión de xénero”, por Joana García Grenzer (xornalista posgraduada en políticas de xénero e igualdade)

    Dende o Sindicato Labrego Galego animámosvos a participar.