O Sindicato Labrego Galego pon en marcha a campaña de coordenación da mobilización en forma de tractorada que o sector ten programada para o vindeiro martes 26 de maio.
O sector leiteiro leva en mobilización dende fai tres meses pola crise provocada pola continua caída dos prezos. E só hai unha solución: fortes medidas de choque que doten de liquidez ás explotacións e a consecución da recuperación dos prezos dotándoos de mecanismos que nos garantan unha xusta estabilidade.
Na primeira parte algo tense avanzado por parte da Administración, índa que non o suficiente, xa que as medidas propostas nestes días polo Executivo galego non garanten que as explotacións poidan sobrevivir.
En canto aos prezos, a situación non ten mudado en absoluto, polo que que o sector seguirá coa súa “folla de ruta”, que ten planificada como seguinte mobilización unha tractorada para o martes dia 26.
Co fin de organizar e planificar esta mobilización o Sindicato Labrego Galego vai levar a cabo un número importante de asembleas comarcais. Nestas asembleas organizarase a nivel comarcal a convocatoria da tractorada, así como os lugares de concentración e os recorridos a levar a cabo para o dia 26 de maio.
Vilalba, xoves 21 ás 22,00h no Hostal Restaurante Terra Cha de Vilalba.
A Estrada, xoves 21 ás 22,00h
Arzúa, mércores 20 ás 22,00h na casa da cultura.
Sarria, xoves 21, ás 21,30 local slg
Teixeiro, venres 22 ás 22,00h na casa Miraz
Ordes, xoves 21 ás 22,00h na casa da cultura
Friol, xoves 21 ás 16,30h no Centro Sociocultural
Lugo, xoves 21 ás 12,00h Salón de Actos do edificio dos sindicatos.