Novas

  • O SLG atópase na Mariña Luguesa canda as gandeiras e gandeiros afectados pola suspensión de recollida feita efectiva hoxe por Lácteos Lence

    • 23,Mai 2009
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

     

    O Sindicato Labrego Galego levará a cabo unha acción de protesta co obxectivo de denunciar as estratexias de mercado que empresas como Lácteos Lence tentan levar a cabo aproveitando o grave momento polo que pasa o sector leiteiro da Galiza.

    A Secretaria Xeral do SLG, Carme Freire Cruces, atópase na comarca dende primeira hora da mañá canda compañeiras e compañeiros do Sindicato Labrego e os gandeiros e gandeiras afectadas.