A última medida anunciada, consistente en dar 300 euros por vaca ás explotacións que menos cobran, segue a ser un parche paliativo que non toca a raíz do problema: a posición de dominio e abuso das industrias e das distribuidoras na cadea de valor para impoñer os prezos que queiran en orixe. Por iso, o Sindicato Labrego Galego estará mañá en Lugo para seguir demandando medidas políticas dirixidas á creación de prezos mínimos que cubran os custes de produción da actividade leiteira e garantan unhas rendas dignas para as persoas que traballan nas granxas de leite galegas.