Novas

  • O SLG apoia as mobilizacións a prol da calidade do ensino no rural e acudirá mañá á manifestación en Compostela

    O SLG apoia as mobilizacións a prol da calidade do ensino no rural e acudirá mañá á manifestación en Compostela

    • 11,Set 2012
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Como organización agraria que defende os intereses das explotacións labregas da Galiza, condenamos estas novas retalladas que se veñen sumar á sangría de servizos públicos, tanto xerais como relacionados especificamente coa actividade agraria, que afondarán no despoboamento que sofre o noso medio rural e, polo tanto, o meirande do territorio galego. Cando a Xunta impón recortes ás escolas do rural está a agredir directamente e a hipotecar o desenvolvemento e futuro dos nenos e nenas daquelas familias que aínda apostan, contra vento e marea, por seguir vivindo no medio rural.

    Por todo o devandito, o Sindicato Labrego Galego apoiará coa súa presenza a manifestación de mañá, 12 de setembro, en Santiago de Compostela, en defensa dun ensino de calidade no rural.