Dende o SLG, animamos a toda a nosa afiliación na bisbarra da Limia a participar e apoiar a marcha de protesta que partirá do Museo do Entroido (rúa 2 de maio), as 12:00 horas.
O Sindicato Labrego Galego xa presentou alegacións contra este proxecto mineiro que ameaza máis de 400 hectáreas de terras de labor das máis fértiles de Galiza, cun potencial produtivo de 18 millóns anuais de quilos de pataca, e onde se fixeron fortes investimentos en agricultura entre os que se atopan tres concentracións parcelarias e as instalacións de regadío da Comunidade de Regadores Corno do Monte, que abastecen de auga 1,257 hectáreas.
Por outra banda, o SLG apoiou a concentración de protesta convocada pola Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños diante do Parlamento de Galiza, o 24 de abril, contra os proxectos mineiros e extracción de ouro de Edgewater en Corcoesto.
