Novas

  • O SLG analizará con labregos e labregas o novo decreto que regula a venda directa de alimentos na Galiza

    O SLG analizará con labregos e labregas o novo decreto que regula a venda directa de alimentos na Galiza

    • 10,Out 2014
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    A xuntanza terá lugar no local comarcal do Sindicato Labrego Galego (rúa Ofelia Nieto 13-23, Compostela) o vindeiro martes, 14 de outubro, ás 15:30 horas. Neste encontro, amais de informar polo miúdo verbo do decreto, analizaranse os puntos de mellora cos que Medio Rural debería modificar o texto para adaptalo á nosa realidade agraria e aos nosos mercados locais e feiras. Dende o Sindicato Labrego Galego animamos a participar libremente nesta xuntanza e nos debates que haxa sobre a cuestión a todas aquelas labregas e labregos que teñan interese polo tema.