Novas

  • O SLG ALERTA DO RISCO DE CONVERTER O BANTEGAL NUN MECANISMO ESPECULADOR DA TERRA AGRARIA

    • 23,Dec 2008
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Xosé Manuel Calvo Rei e Carme Freire 

    Na semana pasada tivo lugar unha reunión da Comisión de Seguimento do BANTEGAL, na que se aprobou, coa oposición do SLG, a subida do prezo das terras do BANTEGAL.

    Queremos denunciar e alertar á sociedade do que nos parece outra tomadura de pelo, do que se vende por un lado e do que se fai por outro. 

    Unha medida que se adoptou fai un ano – que desde o SLG aplaudimos – para que as terras abandonadas se cultivaran para producir alimentos e deixaran de supor un elevado risco e custo de incendios, vai camiño de converterse nunha ferramenta especulativa pola vía de aumentar os prezos de ditas terras para satisfacer aos/ás absentistas que as tiñan improdutivas

    Isto foi o que se aprobou en devandita Comisión. A proposta da CMR, mesmo para as terras en zonas ZERA (Zonas de Especial Risco de Abandono) que no primeiro ano pagaban un 20% do prezo base da Ha. É dun 70% para este segundo ano (máis do triplo). Finalmente a proposta que vai someterse ao Consello da Xunta é pasar dun 20 a un 50 % (máis do dobre). 

    Onde queda para os labregos e labregas a posibilidade de cultivar esas terras se non podemos asumir o custo delas? 

    Quen vai cultivar esas terras improdutivas? Ou é que se está pensando en poñe-las a disposición de empresas que as destinen a outros fins? 

    É esa a política de instalación de xente moza labrega no campo? 

    Estase a promover que as terras agrarias sexan para producir alimentos ou para outros fins especulativos no rural? Exemplos xa hai. 

    O Consello da Xunta ten a última palabra na súa próxima sesión. Dende o SLG solicitamos que se pare a especulación e a conseguinte desfeita do agro

    Moitas grazas pela vosa atención.

    Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego 

    OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON:
    Xosé Manuel Calvo Rei, Secretario de Ordenación Territorial e Estruturas 
    TLF: 686 304 118 
    Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, 
    TLF: 619 348 426