Tras un debate in situ con representantes da empresa, dende o Sindicato Labrego Galego conseguiuse da láctea o compromiso de presentar un plan de pagos o vindeiro 16 de agosto, promesa que este sindicato fiscalizará para que se cumpra.
Unha vez máis, o Sindicato Labrego tivo que criticar a inoperancia da Consellaría de Medio Rural, que se atopa totalmente desaparecida cando se trata de defender ás explotacións leiteiras do noso país na difícil conxuntura pola que están pasando nestes intres, e deixa actuar impunemente a empresas como Lácteos Tambre cando lles negan ás nosas explotacións o dereito máis elemental a cobrar polo produto do seu traballo.