Para o Sindicato Labrego Galego, o prazo de vinte días para formular alegacións é manifestamente insuficiente, dada a complexidade e volume do proxecto; así como o número elevado de persoas e explotacións agrarias afectadas que necesitan consultar o expediente e queren alegar á solicitude de licenza. Por iso, e amparándose no artigo 49 da lei 30/1992, o SLG pediu formalmente a ampliación do prazo en dez días máis (a devandita lei di que a Administración pode “…conceder de oficio ou a petición dos interesados, unha ampliación dos prazos establecidos que non exceda da metade dos mesmos…”).