Novas

  • O Sindicato Labrego Galego presenta as súas demandas para enfrontar os problemas do sector da carne de vacún

    O Sindicato Labrego Galego presenta as súas demandas para enfrontar os problemas do sector da carne de vacún

    • 13,Dec 2012
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Ademais, o seu peso social é enorme, ao ser unha das poucas formas de gandería que se pode dar en amplas zonas de montaña e do interior do noso medio rural, e ao estar presente en máis concellos, contar con maio número de vacas e ao implicar a máis persoas incluso que o sector lácteo.

    O encargado de dar a coñecer a táboa reivindicativa do SLG foi Xosé Luís López Galán, que agrupou as demandas en dúas grandes áreas: aquelas que teñen que ver co sector na Galiza, e as referentes á Política Agraria Común (PAC):

    A nivel galego:

    1. Esiximos das autoridades que a carne que se importa de fóra cumpra coas mesmas condicións que se nos esixen a produtores e produtoras da Unión Europea.
    2. Que as explotacións teñan acceso á base territorial que necesiten para ser viables. Que se pare a forestación de terras agrarias.
    3. Que se cumpra xa, e a todos os niveis, a lexislación de trazabilidade.
    4. Seguir traballando no camiño de conseguir poder facer sacrificios de urxencia nos matadoiros.
    5. Que as axudas que se establezan sexan efectivas e sirvan á xente e ás explotacións, e non aos bancos.
    6. Fomento do consumo da carne galega fronte á foránea en carnicerías e institucións.
    7. Control das pesadas nos matadoiros para que deixen de roubarnos.
    8. Que o sector de carne de vacún sexa considerado como básico para manter a poboación e a vertebración social da maioría do rural galego.

    A nivel de Política Agraria Común (PAC):

    1. Participar activamente nas mobilizacións por un nova agricultura na UE arredor da soberanía alimentaria, agricultura para as persoas e non para a especulación.
    2. Manter a intervención pública e almacenamento privado para a carne de vacún.
    3. Que as axudas directas sirvan para compensar a diferencia dos prezos cos custos de produción, tal e como foron concibidas, e non para as grandes corporacións e terratenentes.
    4. Que as zonas máis marxinadas pola orografía e pola economía, non o sexan tamén pola nova PAC.

    Galán e Santiso

    Vídeo da rolda de prensa.