Novas

  • O Sindicato Labrego Galego denuncia que boa parte da colleita de uva da DO Monterrei estase a vender sen prezo

    O Sindicato Labrego Galego denuncia que boa parte da colleita de uva da DO Monterrei estase a vender sen prezo

    • 26,Set 2011
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Dende o Sindicato Labrego Galego consideramos inadmisible este tipo de prácticas, así como inadmisible nos parece a indiferenza e absoluto desleixo da Consellaría de Medio Rural diante dos abusos que, constantemente, o sector industrial exerce sobre as explotacións vitícolas da zona.

    Por todo o devandito, o Sindicato Labrego Galego vén de presentar un escrito ante a Consellaría de Medio Rural solicitando a convocatoria urxente da mesa do viño de Monterrei, de cara a que o departamento que dirixe Samuel Juárez medie entre as adegas e as explotacións vitícolas de cara a normalizar a súas relacións comerciais con contratos homologados que fixen uns prezos xustos para as uvas de calidade, cubrindo os custes de produción e deixando uns salarios dignos na actividade vitícola da zona.