Novas

  • O Sindicato Labrego Galego denuncia prácticas abusivas de Reny Picot na renovación dos contratos do leite

    O Sindicato Labrego Galego denuncia prácticas abusivas de Reny Picot na renovación dos contratos do leite

    • 07,Abr 2020
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Ademais, a empresa está avisando da posibilidade de que, ao pasar estes tres meses, sexa probable que haxa que baixar os prezos nos novos contratos que se fagan a partir de entón. Daquela, é doado sospeitar que Reny Picot está a forzar contratos de tres meses e non dun ano, como obriga a lei, para poder baixar o prezo despois e aforrarse as marxes de nove meses que debería pagar aos prezos actuais se asinase contratos de un ano. Trátase dunha práctica intolerable, máxime cando Galiza segue a ser a comunidade do Estado co prezo medio máis baixo: 32’4 céntimos por litro segundo os datos do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) correspondentes a febreiro de 2020, lonxe do valor medio estatal (33’6 céntimos) ou de comunidades veciñas como Asturias (35’3 céntimos), onde ten a súa matriz Reny Picot.

    Este cambio de actitude de Reny Picot coincide co estoupido da crise polo COVID19, xa que os contratos que estaba asinando antes da emerxencia sanitaria estaban a ser por períodos de un ano. Parece que coa escusa de garantir o acceso á alimentación da cidadanía as industrias lácteas queren facer o seu agosto, pois esta nova coincide con outras como a baixada de prezos que se está a impoñer no leite ecolóxico.

    Trátase de feitos inadmisibles nun contexto, como o actual, no que se disparou a demanda e no que a industria láctea no dá abasto, tal como acontece con determinadas empresas que viron incrementada a demanda de leite, aumentando a frecuencia do transporte e dobrando quendas; ou demandando novas explotacións para garantir a produción. Así o constatamos no SLG a través da testemuña de varios transportistas que recollen e carrexan leite das granxas para industrias do sector lácteo, aos que se lles ampliou tamén o horario de traballo en quendas inhumanas, con casos que só están a durmir tres horas por noite. Neste caso, as industrias aproveitan outro baleiro propiciado polo estado de alarma, como é eximir aos camións de levar os discos de comprobación dos horarios.