A ausencia de resposta e de iniciativa ante a agonia do sector lácteo galego (vexanse os nulos resultados da reunión do Martes 18 de Agosto no Ministerio de Agricultura e vaguedade das declaracións do Presidente do Goberno ) fai mais necesaria que nunca unha mobilización forte e contundente en demanda de Políticas de calado que sirvan para solucionar os problemas estructurais do sector.
Mentras en Países do noso entorno como e o caso de Francia , non se fala de obstáculos legais e se implementan acordos coa industria e a distribución que permitan subir o prezo que reciben os produtores/as, no noso país, Galiza, a situación que hoxe vive o sector é dramática con un importante e crecente número de explotacións que non cubren os custes de produción. Así, pode estimarse en 3 milleiros as granxas que están a cobrar prezos por baixo dos 26 céntimos o litro.
Non se trata certamente dunha situación novidosa, pero cuio grado de gravidade poucas veces alcanzou os niveis actuais . Mentras tanto os poderes públicos optan por non actuar aducindo o eterno argumento das supostas “dificultades legais”.
Esta inacción e grave de por sí , pero mais grave si cabe en comarcas coma a da Terra Cha, donde continua a ser un dos piares fundamentais da economia comarcal, non só desde un punto de vista económico, senón tamén social. Sen sector lácteo, esta comarca -como outras no país- ten o risco grave de agonizar.
É por iso necesaria a implicación social e institucional na defensa do sector nas mobilizacións que ao longo do mes de agosto se desenvolverán en diversas localidades galegas.
Na tractorada de hoxe partirán tractores de Mosteiro (Pol), Meira e a Pastoriza para confluir en Muimenta; asi como posteriormente na Feira do Monte (Cospeito), e en outras parroquias guitiricenses como Trasparga e Buriz que se xuntarán en Alba (Vilalba). Igualmente sairán de Momán (Xermade), en tanto que en dous puntos de Vilalba, Nete y Goiriz, os vehículos iniciarán o seu recorrido hacia a capital chairega.