Novas

  • O PP de Galicia traizoa ao sector lácteo cunha Lei da Cadea Alimentaria que permite seguir vendendo a perdas

    O PP de Galicia traizoa ao sector lácteo cunha Lei da Cadea Alimentaria que permite seguir vendendo a perdas

    • 12,Xul 2013
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Deste xeito, a nova Lei da Cadea Alimentaria seguirá permitindo que industrias e distribución sigan a impoñer prezos por baixo dos custes de produción en orixe en todos os sectores agrarios e gandeiros, cuxo único recurso para oporse a esta situación de abuso descarado será a Lei de Competencia, que tipifica como delito a venda a perdas; iso si, se unha explotación quere denunciar, deberá meterse en longos e carísimos procesos xudiciais sen garantías de éxito, polo que as industrias e as distribuidoras poden estar tranquilas. Así as cousas, “o PP perdeu unha oportunidade histórica de crear mecanismos áxiles que senten as bases dunhas relacións comerciais xustas nos sectores agrogandeiros, garantindo a rendibilidade económica da profesión labrega”, asegura Vilalba. Por desgraza, os senadores e senadoras do PP de Galiza acataron puxeron a disciplina de partido por riba das súas promesas, traizoando e mentindo aos sectores agrarios e gandeiros da Galiza ao votar para que as industrias e a distribución sigan a pagar prezos ruinosos polo leite, a carne, as hortalizas ou as froitas.

    Non sabemos se o Goberno Galego non fixo os seus deberes, se carece de peso político en Madrid para defender os intereses do medio rural galego, ou se pecou de ambas cousas. O que si sabemos é que o resultado das negociacións que fixeron posible a Lei da Cadea Alimentaria remataron no mesma calella sen saída de sempre: aquela na que seguen a gañar industrias e distribuidoras coas súas prácticas comerciais mafiosas e impunes; e volven perder os labregos e labregas, que terán que seguir sendo vítimas da extorsión das primeiras e vendendo o produto do seu traballo a prezos de miseria, afundindo aínda máis as principais actividades xeradoras de riqueza que manteñen vivo o escaso tecido social que sobrevive no noso medio rural.