Novas

  • O Mercado do Alimento Labrego de Teo consolídase coa Festa de Inverno tras medio ano de andaina

    O Mercado do Alimento Labrego de Teo consolídase coa Festa de Inverno tras medio ano de andaina

    • 22,Dec 2012
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    A maiores, as persoas que visitaron o mercado puideron visitar unha cantina instalada para a ocasión na que, polo simbólico prezo dun euro, degustaron un amplo elenco de bebidas e petiscos: chocolate quente, viño do país, crema de cabaza, lentellas, potaxe, filloas, empanadas de xoubas e bonito, tortilla, queixo con marmelo, turrón ou rosca. Todo elaborado polos labregos e labregas que dan vida a este mercado que naceu a comezos do verán de 2012, impulsado polo Sindicato Labrego Galego e o Concello de Teo, e que ten vontade de consolidarse como unha referencia na comarca para aqueles e aquelas que apostan pola saúde e a calidade mercando produtos locais e de tempada.

    Mercado de Teo