Novas

  • O INCUMPRIMENTO DAS AXUDAS PROMETIDAS Ó SECTOR CÁRNICO ABOCA A UN NADAL DE GRAVE SITUACIÓN PARA AS EXPLOTACIÓNS

    • 09,Dec 2008
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    As axudas directas aprobadas como a do CES (Contrato de Explotación Sustentable) así como as de razas autóctonas, prometidas na primaveira do 2008, non teñen nin un euro en efectivo. É un incumprimento absoluto dos compromisos adquiridos tanto pola Consellaría de Medio Rural como polo Ministerio.

    Isto, enriba da situación de prezos dos sectores citados, onde o prezo do kilogramo de carne está a nivel de hai vinte anos, vén a agravar unha situación xa de por si moi delicada.

    Nestes momentos enfrontámonos á posibilidade de peche para un grande número de explotacións de carne, maiormente explotacións familiares que ademais manteñen o territorio nas zonas máis desfavorecidas e de alta montaña.

    Perante desta arriscada situación, esiximos o cumprimento das axudas prometidas para que o 2008 non acabe cun novo balance de sangría de explotacións que se ven na obriga de buscar outro medio de vida como consecuencia da neglixente política agraria levada a cabo con manifesta irresponsabilidade e mentiras por parte das administracións galega e estatal.

    Moitas grazas pela súa atención.