O programa comeza ás 12:00 horas coa mesa debate “Alternativas produtivas no noso monte” coa participación de SLG, Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, Ribeiregas, Cabuxa Natur, CMVMC de Froxán e Monte de Carballo.
– Ás 14:00 horas teremos a sesión vermú con TRASDALOMBA.
– Ás 16:30 dará comezo o aberto de billarda por unha banda, e, pola outra teremos o roteiro da memoria histórica en Montecubeiro con Ricardo Polín.
– Ás 18:00 comezarán as actividades lúdicas para as crianzas e o obradoiro, impartido por Xosé Martínez, “Como aproveitar as landras para a nosa alimentación”. Á mesma hora tamén comezará a segunda mesa debate: Ecofeminismo e montes comunais. Nesta mesa contaremos con Lara Barros, de Mullme, que nos falará da perspectiva histórica das mulleres nos montes comunais. o Proxecto Batefogo presentaranos o libro “Árbores que non arden: as mulleres na prevención de incendios forestais”
– Ás 21:00 horas teremos a foliada previa aos concertos con Os Amigos do Caldeiro
– Ás 23:00 darán comezo os concertos nos que teremos a: Sacha na Horta, Tecor Societário e @pinchada con sapoconcho sen poncho.
Este 21 de setembro en Montecubeiro, Castroverde, agardámoste!
