Novas

  • O FOUCE vai de camiño ás vosas casas!

    O FOUCE vai de camiño ás vosas casas!

    • 16,Mai 2025
    • Posted By : Sindicato Labrego
    • 0 Comments

    Ao pé do Día das Letras Galegas 2025, enviamos o FOUCE 352 para as vosas casas, o noso periódico labrego de información técnica e sindical, que leva acompañándonos dende novembro de 1973, cando saíu – na clandestinidade-, o primeiro número, o voceiro das Comisións Labregas de Galiza. Como cada edición, atoparedes nas súas trinta e dúas páxinas as últimas novas e reivindicacións do Sindicato Labrego Galego, así como entrevistas, reportaxes, sección de notas breves, información sobre axudas, anuncios e moito máis! Nesta ocasión, na sección ‘Lecer na aldea’ recomendamos o libro O que estou a dicir cando digo «Altri non» (Edicións Laiovento, 2025), do noso benquerido Xosé de Cea.

    Mañá, 17 de maio -e cada día-, LOITEMOS EN GALEGO!

    Podedes consultar a versión dixital AQUÍ.