Novas

  • O éxito do mercado de alimentos labregos en Compostela urxe a que os gobernos fagan políticas agrarias que potencien a soberanía alimentaria

    O éxito do mercado de alimentos labregos en Compostela urxe a que os gobernos fagan políticas agrarias que potencien a soberanía alimentaria

    • 04,Set 2011
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    O evento, amais de achegar os alimentos producidos polas explotacións directamente á xente, sen intermediarios, serviu para reivindicar a soberanía alimentaria para Galiza. 
    En canto á valoración final do evento, Carme Freire afirmou que “estamos moi contentos e contentas, xa que a resposta cidadá foi moi boa. A xente que compra alimentos e quen os producimos témolo claro; agora, só fai falla que quen nos goberna tome nota disto, e que lexislen e fagan políticas para facer posible que todas as persoas que lle queiran comprar directamente produtos ás explotacións labregas, e que queiran consumir alimentos sans e producidos localmente, poidan facelo”. 

    Respecto do desenvolvemento do mercado, en palabras da secretaria xeral do SLG, Carme Freire, “serviu para constatar que a cidadanía está cada vez máis de acordo con que ten que haber un cambio de rumbo nas políticas agrarias e na política alimentaria. Toda a xente nos está dicindo que lles gustaría poder ter a oportunidade de poder comprar a diario estes produtos, como alternativa aos alimentos producidos industrialmente e comercializados por grandes distribuidoras; e nós, amais de persoas que tamén nos alimentamos, como labregos e labregas, reclamamos que haxa un cambio de rumbo nas políticas agrarias para que poidamos ter o poder de decidir que é o que comemos, que é o que producimos, a quen lle compramos os alimentos, e saber como se produce o que levamos á boca”.

    Mercado de alimentos labregos

     

     

    undefined