Novas

  • O Contrato Homologado da Castaña é unha estratexia para dotar á industria de produción a baixo prezo

    • 05,Set 2008
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

     

    O Sindicato Labrego Galego non está disposto a firmar un contrato no que:

    – Os prezos que se establecen no contrato non cobren a demanda de prezo do sector produtor. O calibre máis habitual, 90-100 castañas por kilo, asínase neste documento cun importe que é a metade do prezo medio cobrado pelos produtores/as o ano pasado, sen contrato.

    – A cantidade establecida como entrega mínima para poder asinar este contrato coa industria é de 20.000kg por produtor/a individual. Isto significa deixar fóra de contrato á práctica totalidade dos produtores/as de castaña deste país, xa que novamente nos atopamos perante dun contrato para as grandes producións, privando da estabilidade que podería proporcionar este contrato ás explotacións produtoras de castañas da Galiza.

    – Este contrato obriga a entregar toda a produción a unha mesma industria, o cal coarta a liberdade de mercado do/a produtor/a, impedíndolle facer contratos con outras empresas, transformar as castañas ou vendela pola súa conta.
    Ademais, téñenlla que “poñer en muelle” ás industrias, un custo engadido para o produtor/a que non se ve reflectido no prezo establecido neste contrato, xa este non cobre ni tan sequera a propia produción da castaña.

    Por estes motivos, o Sindicato Labrego entende que este é un contrato deseñado á medida da industria, feito que xa se confirmara no propio proceso de negociación, no que non se admitiron ningunha das propostas presentadas polo sector produtor.

    O Contrato Homologado da Castaña é unha nova estratexia para dotar á industria de produción a baixo prezo.


    Moitas grazas pela vosa atención.