No ámbito da protección contra os incendios forestais, despois de máis de dez anos de lexislación, non só non se atallou a problemática, senón que se mirou cara a outro lado dende a Administración. Até que, despois dos lumes do 2017, comezaron coa política do medo. Debido ás múltiples interpretacións da Lei 3/2007, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia no relativo ás faixas de xestión, a que non existían directrices claras por parte da Consellería de Medio Rural e á presión feita sobre propietarias/os e administracións locais, executáron-se cortas masivas de arborado que non se debían ter producido. O que ten como consecuencia a perda de biodiversidade, paisaxe, patrimonio e protección dos núcleos rurais.
Xa que, tanto a Lei de Incendios como a Lei 7/2012 de Montes de Galicia, sufriron modificacións constantes dende a súa publicación, tentaremos facer un resumo actualizado das faixas de xestión para a prevención de incendios e das distancias que deben gardar as masas forestais.
Nas faixas de xestión hai que xestionar a matogueira, sobre todo coa roza de especies como carqueixa, xestas e piornos, fietos ou fentos, uces, silvas e toxo. Non pode haber arborado de piñeiro do país (Pinus pinaster), piñeiro silvestre (Pinus sylvestris), piñeiro insigne (Pinus radiata), eucaliptos (Eucalyptus spp) e acacias ou mimosas (Acacia dealbata, Acacia melanoxylum).
As faixas primarias fan referencia ás redes de transporte e enerxía, as faixas secundarias son relativas a zonas urbanas e de núcleo rural e as faixas terciarias marcan as franxas en zonas de uso público.
Estes labores deben estar feitos antes do 31 de maio de cada ano. De non ter realizados os traballos e non atender os requirimentos da administración, esta poderá executar os traballos repercutindo o custo ás persoas responsables, ademais de impoñer a sanción correspondente.
En todo caso, cabe destacar que se trata de facer a xestión do mato para evitar o avance dos lumes (o monte non é un xardín) e que non hai que actuar sobre froiteiras. Quedan excluídas ta-mén as frondosas caducifolias. As especies arbóreas afectadas son piñeiros, eucaliptos e acacias. Aínda así, poderanse conservar árbores das especies sinaladas cando sexan árbores sen- lleiras, que cumpran unha función ornamental, que estean en zonas recreativas ou, no caso de ser árbores illadas, que non supoñan risco de incendio. Sempre deberán cumprir que haxa descotinuidade horizontal e vertical, o que se consegue con masas rareadas e podadas
Por outra banda, a Lei de Montes marca unha serie de limitacións para as masas forestais que son de obrigado cum- primento e que tamén poden ser obxecto de sanción.
En masas consolidadas de frondosas, a prohibición anterior esténdese igualmente ás reforestacións e novas plantacións con piñeiros.
aAs novas plantacións de eucaliptos superiores a 5 hectáreas precisan de autorización. Non é aplicable ás reforestacións ou rexenerados de masas xa existentes, nin a aquelas incluídas nun instrumento de xestión forestal aprobado.
Todas as masas forestais, novas ou xa existentes, deben gardar as distancias establecidas.
Non se ven afectadas por estas distancias as árbores ou masas para a produción de froito, aínda que sexan de porte forestal como as nogueiras ou castiñeiros. En todo caso, deberán cumprir o establecido noutras normativas como o código civil.
Nas superficies arboradas que linden con terreos onde se produza un cambio de actividade de forestal a agrícola, non serán aplicables as distancias establecidas na lei de montes ata o momento da reforestación tras o aproveitamento da masa.
