
Mobilización do sector lácteo nas instalacións de Leite Celta (13 de marzo do 2008)
Segundo información proporcionada ao SLG por parte do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), Leite Celta debe reclamar as cantidades que constan na liquidación definitiva do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) ao Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e non as/aos produtores e produtoras.
É dicir, os gandeiros e gandeiras non teñen obriga de ingresar ningunha cantidade en concepto de “supertaxa”, xa que será o IGAPE o que se faga cargo do pago.
O único grupo de produtores e produtoras que si teñen que pagar cantidades a Leite Celta, que son os/as que na campaña 1995/1996 non tiñan asignada cota ningunha ou aquelas persoas que fixeran cesións temporais de cota (campaña 95/96).
|
OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG TLF: 619 348 426 |