Novas

  • Na actualidade o conflito do sector lácteo, nin ten foro, nin diálogo, nin moito menos estabilidade.

    Na actualidade o conflito do sector lácteo, nin ten foro, nin diálogo, nin moito menos estabilidade.

    • 22,Set 2008
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    En resposta á nota de prensa que a Consellaría do Medio Rural vén de facer pública condenando os incidentes desta mañá en Outeiro de Rei porque “ hai establecido un foro de diálogo estable que debe servir para abordar as diferentes problemáticas do sector”, dende o Sindicato Labrego Galego queremos poñer de manifesto que precisamente FORO, DIÁLOGO e ESTABILIDADE é o que falta no sector, sendo estas as eivas que provocan reaccións como a desta mañá por parte das/os afectadas/os.

    O SLG quere dar a coñecer que pese a termos reclamado a convocatoria urxente da Mesa do Leite, por escrito, a primeiros de agosto, diante da Consellaría, para abordar o descenso de prezos e ameazas de non recollida que as explotacións estaban e están a sufrir, dita petición aínda non foi atendida a día de hoxe.

    Aproveitamos, polo tanto, para lembrarlle á CMR a nosa petición de convocatoria de dito foro.

    Moitas grazas pela vosa atención.