Un milleiro de gandeiras e gandeiros concentráronse esta mañá diante das instalacións da empresa láctea LACTALIS (Vilalba) para facela visible como unha das tres empresas que arestora están a pagar os prezos máis baixos ás gandeiras e gandeiros de leite da Galiza.
Na procura do apoio das consumidoras e consumidores, ás 17:30 hrs. Grupos organizados de gandeiras e gandeiros desprazaranse a centros comerciais de A Coruña e Vilalba co obxectivo de identificar para o seu boicot ás marcas comerciais propiedade das empresas LACTALIS, LÁCTEOS LENCE e LEITE CELTA.
Produtoras e produtores de leite de toda Galiza mantiveron unha concentración reivindicativa en demanda dun prezo digno para o leite diante da planta de LACTALIS (Vilalba).
Declaracións de Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG.

Intervención de Lupe Prado, gandeira e Responsábel do Sector Leiteiro no SLG.
Retención dun camión en Lactalis.

*Arquivo para descarregar: Declaracións da Secretaría Xeral do SLG, Carme Freire Cruces.