Novas

  • Miles de gandeiros e gandeiras toman Compostela para esixir da Xunta solucións inmediatas á crise do sector lácteo

    Miles de gandeiros e gandeiras toman Compostela para esixir da Xunta solucións inmediatas á crise do sector lácteo

    • 18,Xul 2015
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Se na Galiza hai ao redor de 10.000 granxas de leite, non houbo menos persoas nesta manifestación que, partindo de Salgueiriños, pasou por diante do edificio administrativo de San Caetano para rexistrar, por escrito, a denuncia da situación límite que están a vivir as nosas explotacións. Despois, a marcha andou rúas como a avenida de Lugo, San Pedro ou Preguntoiro até chegar á praza da Quintana, onde o xornalista Xabier Fortes leu un manifesto no que denunciou a situación de indefensión das nosas granxas fronte ás prácticas mafiosas da industria.
    Nunha conxuntura na que a propia Consellaría de Medio Rural recoñece que hai ao redor de 3.000 granxas que cobran menos de 26 céntimos por litro, o Goberno da Xunta ten o deber de achar solucións urxentes ou, se non saben que facer, forzar a dimisión dos e das responsables para deixar paso a persoas competentes que tomen as rendas da política agraria galega.

    Cabeceira

    Quintana

    VIDEO: 17 de xullo: Manifestación en defensa do sector lácteo galego from Sindicato Labrego Galego on Vimeo.