-
Medio Rural valida as terras queimadas para o pagamento único grazas ao SLG
- 30,Ago 2007
- Posted By : sicom
- 0 Comments
Agora, grazas ás xestións do Sindicato Labrego, Medio Rural solucionou o problema. Os criterios para tramitar as primas da PAC por parte das explotacións afectadas polo lume serán os seguintes:
- Para evitar a picaresca, as terras que na actualidade figuran no SIXPAC como de uso forestal, en ningún caso serán admitidas como pasto permanente na PAC 2007; ademais, denegarase calquera solicitude de modificación na clasificación para evitar que haxa xente que prenda lume ao monte para convertelo en pradería.
- As terras que, na actualidade, figuran no SIXPAC como pasto con arborado, pasto arbustivo e pasteiros, poderán ser declarados como pasto na campaña 2007, realizando accións positivas de mantemento, conservación e recuperación para evitar a perda de solo agrario; desta maneira, cumpriríanse os requisitos medioambientais (ecocondicionalidade) esixidos pola Unión Europea.
Diante disto, o Sindicato Labrego fixo un chamamento para que todas as explotacións afectadas polo lume que aínda non solicitaran as primas do pago único teñan en conta o devandito, e para que aquelas que xa tramitaron a solicitude a retiren para revisala.