Medidas acordadas tras as reunión mantida na mañá de hoxe n´A Estrada con gandeiros e gandeiras afectadas por falsos positivos en tuberculose :
1. Acordamos demandar do Xefe de Sanidade Animal da comarca Deza-Tabeirós que suspenda a marcaxe e o posterior sacrificio dos animais que deron positivo “dubidoso” en canto non se acade un acordo co responsable de sanidade animal do novo goberno.
2. Realizar novas probas, dado que os/as afiliados/as denuncian que non se fixeron correctamente en moito casos, e que ademais temos constancia de que só o 0,01 dos casos de vacas dubidosas de tuberculose dá positivo na análise post mortem, o que demostra a escasa fiabilidade das probas actuais.
3. No caso que se confirmen as vacas positivas, solicitamos que se lle dea a posibilidade ao/á gandeiro/a de elexir o típo de sacrificio (selectivo ou baleirado) e coas mesmas indemnizacións (indemnización por animal sacrificado e lucro cesante); e tamén que o baremo para indemnizar os animais sexa o mesmo que emprega Agroseguro, onde se teñen en conta, ademais da idade, tipo de animal, xenética, raza, tipo de explotación –intensiva, extensiva, ecolóxica, etc-.
4. Solicitar outra entrevista co novo responsable de sanidade animal para xestionar esta situación, unificar criterios en todo o país, mellorar o sistema para detectar esta enfermidade e mellorar as axudas en caso de positividade.
OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON
Marcos Louzao, Responsábel Comarcal Tabeirós-Terra de Montes
TLF: 659 211 523
Adolfo Cabarcos, Secretario de Sectores Gandeiros no SLG,
TLF: 686 304 122
Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG,
TLF: 619 348 426