Novas

  • Mariano Pazos Currais, produtor de leite e membro da Executiva do SLG

    • 02,Mar 2005
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Aínda que de mozo emigrou a Suiza, a chamada da terra fixo que Mariano Pazos retornase ao seu Gosende natal (A Baña) a finais dos setenta. Dende aquela milita no SLG, organización na que xa tivo responsabilidades a nivel comarcal e no sector lácteo, e na que agora forma parte da súa Executiva. Tamén é vocal da Cámara Agraria da Coruña. Cunha explotación con setenta cabezas de gando e unha vintena de hectáreas, falamos con el dos principais problemas, retos e esperanzas que ten diante súa o sector lácteo galego.