Novas

  • María Jesús Lorenzana herda os reveses  dos Altos Tribunais, 30 recursos de alzada e un regueiro de pleitos xudiciais polos eólicos

    María Jesús Lorenzana herda os reveses dos Altos Tribunais, 30 recursos de alzada e un regueiro de pleitos xudiciais polos eólicos

    • 16,Xuñ 2023
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

     Asociacións veciñais de afectados e afectadas polos proxectos eólicos de toda Galicia, apelan á nova conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, a dialogar, atopar solucións á desastrosa xestión do departamento durante a xefatura de Francisco Conde, e acordar un desenvolvemento eólico sostible na nosa comunidade autónoma.

    Os movementos veciñais agardan unha nova etapa que poña fin á situación xerada polo anterior conselleiro: confrontación coa cidadanía e intervencións xudiciais para emendar a política en materia eólica.

    Lembran por exemplo, as sentenzas firmes do Tribunal Supremo e pendentes de execución respecto aos parques de Oribio (autorizado cunha declaración de impacto ambiental -DIA- “obsoleta e ineficaz”) e Sasdónigas (orden de desmantelamento do parque de Mondoñedo que leva catro anos funcionando a pesar de afectar ao Camiño de Santiago, xacementos e lagoas).

    Agardan que Lorenzana non recorra e acepte as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que impide a repotenciación e aumento de aeroxeradores no parque de Corme e anula a autorización da poligonal de Campelo por “fragmentación indebida”, unha práctica para ocultar as dimensións do prexuízo e esquivar maiores requirimentos coñecida, aceptada e mesmo alentada pola Xunta.

    Piden dilixencia e firmeza á Administración no seu deber de velar polo cumprimento das normas e ditames: o TSXG ordeou medidas cautelares respecto aos parques de Bustelo, Monte Toural e Campelo, e a propia Consellería se enfronta a unha denuncia por neglixencia “in vigilando” no parque Acibal, en Moraña, onde se destruíu importante patrimonio cultural.

    Solicitan asemade, a revocación da concesión “vía express” e outras irregularidades administrativas amparadas na Lei de Medidas Fiscais e Administrativas (como a “conxelación” dos dereitos fóra de prazo ata a obtención da Declaración e Impacto Medioambiental ou a garda dos depósitos económicos de garantía).

    A Xunta de Galicia autorizou, antes do 23 de abril, 75 novos parques eólicos. Dos 36 proxectos ate hoxe coñecidos vía DOG, 30 xa teñen recursos de alzada presentados. Os afectados e afectadas recorrerán sucesivamente á vía xudicial ata paralizalos e conseguir unha planificación do sector acorde áo modo de vida e valores dos galegos e galegas.

     

    Apoian:

     

    ACOUGA: Asociación Galega de Consumidores e Usuarios

     

    A Rente do Chan-Pladever

     

    ADECOM – Asociación en defensa da Costa da Morte

     

    Afectacion Ribeira Sacra, Ancares – Courel

     

    Afectados de Paderne

     

    Amil SEN Eólicos

     

    Asociación Alegre

     

    Asociación Ambiental Petón do Lobo

     

    Asociación Amigos e Amigas dos Bosques “O Ouriol do Anllóns”

     

    Asociación Cova Crea

     

    Asociación Ecoloxistas en Acción “Atlántica e Verde” (10 grupos)

     

    Asociación Gato-Seselle

     

    Asociación Nove Refachos’

     

    Asociacion Salvemos o Noso

     

    Asociacioón Aire Limpo nas Mariñas Mandeo

     

    Colectivo Foi polo Vento

     

    Colectivo Un Vento Vén

     

    Colectivo Veu Polo Aire

     

    Comité de Defensa das Rías Altas

     

    Encrobas viva

     

    IEM – Instituto de Estudos Miñoráns

     

    Monte Pindo Monte Natural

     

    Plat para a Convivencia Ética coa Fauna Silvestre “Con Ética”

     

    Plataforma Caíño Brancellao.

     

    Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza

     

    Plataforma Terra Chá

     

    Plataforma Terra-Chá

     

    Rede do Rural

    Plataforma SOS Groba

    REDE GALEGA STOP EÓLICOS

     

    Roxín Roxal

     

    Salvemos a Comarca de Ordes

     

    Salvemos o Iribio

     

    Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo,

     

    Sindicato Labrego Galego

     

    SOS Serra da Groba

     

    Veciños polo Rural.

     

    Vendaval

     

    Víctimas de la Justicia