Novas

  • Manifestacións nas principais cidades e vilas convocadas pola Alianza Social Galega “por outra saída da crise”

    Manifestacións nas principais cidades e vilas convocadas pola Alianza Social Galega “por outra saída da crise”

    • 27,Feb 2014
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    A ASG denuncia que, na Galiza, “xa superamos as 271.500 persoas paradas que queren traballar e non atopan emprego; case o 45 % carecen de cobertura de ningún tipo; 77.164 persoas entre 25 a 34 anos abandonaron Galicia nos últimos anos (unha media de 30 persoas por día). Á destrución dos sectores produtivos básicos (agrario, pesqueiro, etc.) e do sector industrial (con especial gravidade no naval) e a desertización do medio rural, engádese o desmantelamento do sector financeiro galego”.

    Todo isto vese agravado polos recortes orzamentarios da Xunta para 2014, cunha baixada do 10% para políticas de emprego, ademais de minguas importantes no financiamento da sanidade, educación e servizos sociais.

    A reforma laboral, o recorte das pensións, a Lomce, a desprotección sanitaria da mocidade, a paralización da Lei de Dependencia, a Lei do Aborto, a privatización de servizos públicos municipais, a reforma da Lei Hipotecaria ou a Lei de Seguridade Cidadá, a destrución do medio ambiente ou a desertización do medio rural forman unha constelación de problemáticas contra as que a Alianza Social Galega pretende mobilizar á sociedade para que as decisións políticas duns poucos non hipotequen o presente e o futuro dun país enteiro.

    ASG

    1INTEGRANTES: A Mesa pola Normalización Lingüística; Altermundo; Asemblea de Cooperación pola Paz; Asociación Fuco Buxán; Asociación Galega de Historiadores; Asociación Galega de Mariscadoras/es; Asociación Monte Pindo Parque Natural; Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA); Asociación Sociocultural Namentras; Asociación Sociopedagóxica Galega; Confederación Intersindical Galega (CIG); COGAVE; Colectivo Encontro Benestar Social; Colexio de Educadores/as Sociais de Galicia; Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña; Comités Abertos de Facultade; CONFAPA Galicia; Confraría Pescadores Poboa do Caramiñal; Coordinadora Galega de ONG; Escola Viva; Fed. ANPAS Compostela; Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura; Federación de Asociacións de Mulleres Rurais; Federación de profesionais e Autónomos/as de Galicia; Federación Galega do Medio Ambiente; Federación Galega de Bandas de Música Populares; Federación Provincial APAS Lugo; Federación Rural Galega; Fundación 10 de Marzo; Fundación Castelao; Fundación Defensa dos Consumidores; Fundación Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical na Galiza; Fundación Galicia Sempre; Fundación Luís Tilve; Fundación Paz e Solidariedade; Iniciativa Estudantil Galega; Iniciativa Galega Pola Memoria; Instituto de Cooperación ao Desenvolvemento de Galicia ISCOD; Instituto Galego da Historia; Liga Estudantil Galega; Mesa Galega de Educación no Rural; Movemento polos Dereitos Civís; Nova Escola Galega; Plataforma en Defensa do Ensino Público; Plataforma en Defensa do Sistema Público Galego de Servizos Sociais; Plataforma Galega Defensa do Ensino Público; Plataforma polo Emprego; Plataforma Queremos Galego; S. N. de CCOO de Galicia; Seminario Galego de Educación para a Paz; Sindicato de Estudantes; Sindicato de Xornalistas; Sindicato Labrego Galego; Sindicato Traballadores Ensino Galicia; SOS Sanidade Pública; UGT-Galicia; Unión de Autónomos de Transporte por Carretera y Mar; Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos; Unións Agrarias; USTG; Xustiza e Sociedade