Novas

  • Malia a teren asegurado que o peche da planta de Outeiro de Rei non suporía o abandono de recollidas, Leite Pascual vén de suprimir algunhas das súas rutas na Galiza

    • 11,Mai 2009
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Como no seu momento se fixo público por parte desta empresa que o peche da planta de Outeiro de Rei non ía significar o abandono de recollida ás explotacións, non sabemos como interpretar esta nova realidade.

    É dicir, que non sabemos se esa empresa aplica a política de “onde dixen digo digo Diego” e van facer o que lles pete, o que significaría que as persoas que vendan leite a esta central téñense que pór a tremer ou se, pola contra, responde a axustes de última hora. En todo caso algunha ruta si que se está a suprimir, entrando en clara contradición coas explicacións aportadas inicialmente por Pascual.

    Preocúpanos que na actual situación do sector haxa novas ameazas de non recollida, constituíndo un serio problema que pode xerar situacións de inseguridade para explotacións que xa están a pasar, por outras causas, unha situación moi delicada, e que significaría un novo empurrón cara o peche de explotacións.

    Agardamos pois que se garanta, tal e como se dixo, o mantemento da recollida de todo o leite e que non se xeren novas vías de incertidume para o sector.