Novas

  • Máis de oitenta organizacións reclaman a reapertura dos mercados alimentarios de proximidade na Galiza

    Máis de oitenta organizacións reclaman a reapertura dos mercados alimentarios de proximidade na Galiza

    • 27,Mar 2020
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Ademais do SLG, entre os colectivos asinantes podemos atopar unha ampla representación da sociedade galega a través doutros sindicatos agrarios como Fruga ou obreiros como a CIG; organizacións ecoloxistas como Adega, Amig@s da Terra, Greenpeace ou o MEL; unha de decena de entidades investigadoras vinculadas ás universidades de Santiago de Compostela e Vigo; varios centros sociais; ou diversas agrupacións de consumo, labregas, profesionais, etc.

    No manifesto reclamamos á Consellaría de Medio Rural, en colaboración cos concellos, todos os esforzos posibles para que a partir do 31 de marzo, data ata a que a Xunta prohibiu a celebración de mercados alimentarios de proximidade, volva autorizalos “preocupándose de que dispoñan dos medios materiais e humanos necesarios para organizar e aplicar correctamente todos os protocolos de seguridade a que obriga a orde do 23 de marzo de 2020 sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados”.

    De seguido, compartimos con vós o texto íntegro do manifesto e unha listaxe das entidades que asinan que, de seguro, irá medrando nos vindeiros días ao estar aberta á suma de novos apoios a través do seguinte formulario: bit.ly/ManifestoMercadosCOVID

    EN DEFENSA DOS MERCADOS DE ALIMENTOS DE PROXIMIDADECOMO GARANTES DA SEGURIDADE ALIMENTARIA NO ESTADO DE ALARMA

    Nós, os labregos e labregas que damos vida aos mercados de proximidade na Galiza, diante da prohibición de poder exercer a nosa función como fornecedores de alimentos para a sociedade por mor das restricións impostas para enfrontar a pandemia do Covid-19, queremos manifestar:

    • A nosa consternación ao ver como se nos discrimina, unha vez máis, en favor das grandes superficies comerciais, á hora de garantir o acceso en tempo de crise a un ben esencial como a alimentación.

    • A nosa perplexidade, cando constatamos a diferenza de criterios entre administracións, con comunidades autónomas que autorizan expresamente os mercados de proximidade e outras, como a galega, que os prohiben; con concellos que regulan esta venda directa en tempo de crise e outros que a clausuran sen máis.

    • O noso convencemento de que os nosos alimentos e os nosos mercados, aplicando as normas establecidas polas autoridades sanitarias para evitar a transmisión do Covid-19 e o agravamento da pandemia, son máis seguros nas actuais circunstancias por celebrarse ao aire libre ou en espazos amplos como prazas de abastos, por non haber intermediarios entre a produción e o consumo final, por non xerar aglomeracións humanas, e por termos, porque así nolo esixe a normativa, unha mellor e máis completa formación en cuestións hixiénico-sanitarias que a maioría do persoal que traballa en grandes superficies comerciais. Ademais os mercados alimentarios de proximidade teñen unha maior capacidade de garantir o subministro de alimentos frescos ao non depender de estruturas centralizadas e vulnerables. Pensamos que obstaculizar a produción alimentaria local e a súa comercialización nunha crise como a que estamos a vivir é un crime e un suicidio.

    • A nosa indefensión porque, sendo sector primario, se nos priva de exercer a nosa principal actividade económica sen ningún tipo de compensación ou alternativa que mitigue o grave deterioro financeiro que sufriremos nas vindeiras semanas. Nese sentido, botamos de menos medidas que se poderían impulsar dende as administracións, como a compra pública de alimentos para que os servizos sociais os inclúan na distribución de cestas de alimentos ás familias que os precisen, ou mesmo incorporar os nosos medios e experiencia no reparto domiciliario de cestas de produtos.

    • A nosa impotencia porque a maior parte dos alimentos que producimos son frescos e sans e, polo tanto, neles non empregamos conservantes químicos ou refrixeración para atrasar o seu deterioro, como si fará a agricultura industrial para poder vendelos cando se levanten as restricións.

    Por todo iso, pedímoslle á Consellaría de Medio Rural, en colaboración cos concellos, que faga todos os esforzos necesarios para que, a partir do 31 de marzo, volva autorizar os mercados de alimentos de proximidade, preocupándose de que dispoñan dos medios materiais e humanos necesarios para organizar e aplicar correctamente todos os protocolos de seguridade a que obriga a orde do 23 de marzo de 2020 sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados.

    Apoian este manifesto:

    1. A Eira do Colexio de Educadores e Educadores Sociais de Galicia (CEESG)
    2. A Horta de Ana
    3. A Terra Non Se Vende
    4. Amarelante SCG
    5. Amig@s da Terra
    6. Asociación Ambiental Senda Nova
    7. Asociación AVOAR
    8. Asociación Espazo Agroecolóxico A Estruga – Cabreiros, Xermade
    9. Asociación Abeiro pola Protección Animal
    10. Asociación Agroecolóxica Galega A Cortiña
    11. Asociación Cultural Roi Vicente
    12. Asociación Cultural Tanque de Zinc
    13. Asociación de empregadas de fogar XIARA
    14. Asociación de Produtoras de Horta de Ribadeo A Sucadoira
    15. Asociación do Mercado de Alimento Labrego de Teo
    16. Asociación Galega de Apicultura (AGA)
    17. Asociación Larlilás
    18. Asociación Lentura
    19. Asociación Mercado da Terra (Lugo)
    20. Asociación Millo Miúdo (Oleiros)
    21. Asociación O Xaramelo (Meis)
    22. Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
    23. Asociación Pola Defensa da Ría (APDR)
    24. Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos
    25. Asociación Raíces do Lusco
    26. Asociación Vacaloura Santuario Animal
    27. Asociación Víctimas de la Justicia
    28. Asociación Xaruma
    29. Asociación 4ponlas (Pontevedra)
    30. CDR Portas Abertas
    31. Centro Social A Gentalha do Pichel (Compostela)
    32. Centro Social Madia Leva (Lugo)
    33. Centro Social O Fuscalho (A Guarda)
    34. Centro social O Quilombo (Pontevedra)
    35. Confederación Intersindical Galega (CIG)
    36. Colectivo Feminista das Pontes
    37. Cooperativa Tres Cadires
    38. CultRural Santiago
    39. DAQUIDARREDOR
    40. DEÍXATE LEVAR
    41. Ecoloxistas en Acción de Galiza
    42. Enxeñería sen FronteirasEsCuA
    43. Federación Rural Galega (Fruga)
    44. Feitoria Verde S. Coop. Galega
    45. Fundação Montescola
    46. Fundación Galicia Verde
    47. Granxas de Lousada sc
    48. Greenpeace
    49. Grupo de Consumo Agrelar (Allariz)
    50. Grupo de Consumo Semente (Ourense)
    51. Grupo de Consumo Xurumelxs (Ourense)
    52. Grupo de investigación de Bioeconomía (Economía dos Recursos Naturais e do Medio Ambiente) da USC
    53. Grupo de investigación en agronomía AGRONOMÍA (USC)
    54. Grupo de Investigación en Construción Sustentable para o Medio Rural e Natural COSMERUN (USC)
    55. Grupo de Investigación en Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social ECOAGRASOC (USC)
    56. Grupo de Investigación Galabra en Estudos Culturais GALABRA (USC)
    57. Grupo de Estudios de Historia Empresarial e Sectorial. Pesca, Industria e Comercio GESPIC (USC)
    58. Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural. Séculos XIX e XX HISTAGRA (USC)
    59. Grupo de Investigación da Agricultura Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia da Universidade de Vigo
    60. Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental SEPA-Interea
    61. Horta Casa Barral
    62. Horta de sempre
    63. Labrecos
    64. Laboratorio do Territorio LABORATE (USC)
    65. Lareira da Alén, clube gastronómico
    66. MAISDETRES
    67. Marcha Mundial das Mulleres Galiza
    68. Movemento Ecoloxista da Limia (MEL)
    69. Movemento Veciñal Estradense – Móvete –
    70. Nais polo Clima
    71. Non é o Mesmo (Compostela)
    72. Nós, galeguistas
    73. Organización Galega de Comunidades de Comunidades de Montes (ORGACCMM)
    74. Peripeciencia
    75. Plataforma Auga Limpa Xa!
    76. Plataforma Casalonga Limpa de Resíduos
    77. Proxecto Resclima
    78. Rede de Consumo O Careón (Melide)
    79. Rede de Colectivos A RÍA NON SE VENDE
    80. Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza o Bierzo
    81. Rede Revolta de Agroecoloxía e Historia
    82. Salvemos Catasós
    83. Salvemos Monteferro
    84. Sindicato Labrego Galego (SLG)
    85. Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins
    86. SPG A Gavela
    87. Sustinea
    88. Verdegaia
    89. Véspera de Nada