Ás 12:30hrs. desta mañá, vímonos na obriga de regar, nunha nova acción de denuncia, co produto que lle dá vida a milleiros de familias en toda Europa, unha leira do concello de San Sadurniño, ubicada no Lugar do Outeiro.
Na mobilización levada a cabo na mañá de hoxe polas gandeiras e gandeiros de Ferrolterra participaron a práctica totalidade das explotacións da comarca.
Nesta acción reivindicativa esparexéronse 80.000 litros de leite, transportadas en 16 cisternas, e provintes de explotacións de 9 concellos da comarca: San Sadurniño, Moeche, Ortigueira, Cerdido, Somozas, A Capela, Mugardos, Narón, e As Pontes.





Arquivo para descarregar.
Declaracións de Carme Freire Cruces,
Secretaria Xeral do SLG, dende S, Sadurniño.