Novas

  • LOITAMOS POR UN PREZO XUSTO PARA O LEITE. As mobilizacións do sector leiteiro trasladáronse a Betanzos

    • 29,Set 2009
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Coa vista posta no vindeiro luns día 5, no que terá lugar un cumio extraordinario de ministras e ministros de agricultura europeos en Bruxelas, o sector loita por manter a presión social co obxectivo de que nesta reunión a nosa ministra de agricultura defenda unha posición que signifique dar solucións ás demandas do sector produtor europeo:

     

    • Prezo mínimo para o leite que cubra custos de produción e remunere o noso traballo,

    • A redución da produción para equilibrar produción e demanda,

    • A redistribución da cota global europea en base a criterios sociais,

    • O mantemento de mecanismos de control da produción.

    Nesta mobilización participaron aproximadamente 400 explotacións dos concellos de Sobrado, Curtis-Teixeiro, Vilasantar, Cesuras, Irixoa, Paderne, Vilarmaior, Monfero, Oza e Mesía, que aportaron un total de 90.000litros de leite, transportado en 11cisternas.

    300909(1)300909(2)300909(3)

     300909(4)300909(5)300909(6)

     Vídeos das mobilizacións:

     

    Declaracións Carme Freire Cruces canda gandeir@s da zona de Betanzos-Teixeiro
    http://www.youtube.com/watch?v=mTCneM8FLfU

    Datos participación proporcionados por Carme Freire
    http://www.youtube.com/watch?v=Or8YH3t2q4w

    Inicio esparexemento
    http://www.youtube.com/watch?v=JtZXcMAgoQM

    Esparexemento leite Betanzos 2
    http://www.youtube.com/watch?v=71xp4PE1Rfg

    Esparexemento leite Betanzos 3

    http://www.youtube.com/watch?v=UkDKwOym_lQ

    Saída cisternas
    http://www.youtube.com/watch?v=hxNlFwi14ws