Novas

  • Loitamos pola xestión conxunta dos montes

    Loitamos pola xestión conxunta dos montes

    • 26,Xan 2010
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    uxfor

    Á rolda de prensa asistiron representantes dalgunhas das unidades de xestión forestal afectadas.

     

    Na comparecencia  salientouse a atención posta no cumprimento dos compromisos adquiridos por D. Tomás Fernández-Couto, Director Xeral de Montes, para dar unha saída ás UXFOR que se atopan actualmente en proceso de creación.

    En representación das máis de vinte UXFOR e organizacións agrupadas na Plataforma, deuse conta das xuntanzas mantidas até o de agora con representantes da Administración e expúxose polo miúdo a situación da UXFOR “Fonte das Meigas” de Chantada, como exemplo do avanzado estado no que se atopan algunhas destas unidades de xestión forestal, o que imposibilita a volta dos terreos ao seu estado inicial.

    uxfor

    Olga Otero detalla a situación da UXFOR Fonte das Meigas.

     

    Estamos loitando por acadar unha ferramenta que nos permita un mellor aproveitamento dos nosos montes baixo a xestión directa dos propietarios e propietarias, da veciñanza.

     Mediante a xestión conxunta dos montes procuramos a recuperación e valorización de propiedades forestais evitando así o abandono, unha das principais causas de incendios no noso país.

    Unha xestión común e profesional do monte implicará un maior aproveitamento da súa multifuncionalidade, incrementando a súa rendibilidade e repercutindo positivamente nos veciños e veciñas dese lugar.

    uxfor

    Xavier Simón, Catedrático de Economía na Universidade de Vigo e representante da UXFOR Costa-Sabugueiro, explica o proceso de unificación dos terreos para a xestión conxunta.

     

    Información relacionada:

    18.01.10 Accións a levar adiante pola Plataforma en defensa das UXFOR.

    http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=31&i=440

     

    24.11.09 A Plataforma en defensa das UXFOR realizará un seguimento exhaustivo dos compromisos establecidos polo Director Xeral de Montes.

    http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=31&i=422

     

    Arquivo para decarregar:

    Manifesto da Plataforma en Defensa das UXFOR