Ás 20,30 de mañá, xoves 30 de abril, Lídia Senra -Secretaria de Organización do SLG- e Charo Sánchez – Secretaria de Medioambiente, Terra e Montes- abordarán nunha palestra que terá lugar no C. S. Atreu (Travesía San Xosé, nº2, Montealto, A Coruña) a grave ameaza que os organismos modificados transxénicamente supoñen para as labregas e labregos. Asemade, trataranse tamén os aspectos que validan a soberanía alimentar como a política de produción máis óptima para os pobos, tanto no Norte coma no Sur.
