Novas

  • Lidia Senra defende en Bruxelas un prezo mínimo para o leite en Europa inmune ás flutuacións do mercado

    • 30,Xuñ 2007
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Por outra banda, a Comisión Europea segue mantendo que o sistema de cotas debe desaparecer no 2015. Nembargante, aínda non dixo como vai ser esa eliminación nin como se vai facer; tan só adiantou que tentarán facelo dun xeito “suave”. Basicamente, neste tema, a Comisión Europea segue sen presentar ningunha proposta concreta.

    Pola súa parte, Lidia Senra, en nome do SLG e da CPE, defendeu a necesidade de establecer un prezo mínimo para o leite en Europa que cubra os custes de produción e salarios dignos para a xente que traballa no sector, e que estea blindado diante das flutuacións do mercado para garantir a renda das explotacións. En canto á eliminación do sistema de cotas, Senra amosou o rexeitamento da CPE e do SLG á liberalización do sector leiteiro, e avogou polo establecemento de sistemas de control da produción.