Novas

  • Labregos e labregas exhiben os seus produtos caseiros en Santiago para esixir á Xunta que protexa ao sector. Xornada Reivindicativa do Produto Caseiro

    Labregos e labregas exhiben os seus produtos caseiros en Santiago para esixir á Xunta que protexa ao sector. Xornada Reivindicativa do Produto Caseiro

    • 26,Set 2008
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    A xornada reivindicativa foi organizada polo Sindicato Labrego Galego en colaboración co Colexio Oficial de Veterinarios da Coruña, e incluíu unha serie de conferencias nas que a secretaria xeral do SLG, Carme Freire, e o presidente colexial dos veterinarios da Coruña, Uxío Rey, analizaron a situación do produto caseiro en Galiza, mentres que o doutor veterinario Ugo Boldi e Deborah Infante, representante do Sindicato Veterinario de Saúde Pública francés, expuxeron o estado do sector en Italia e Francia, respectivamente. 

    Labregos e labregas defenden que o Decreto de Artesanía Alimentaria de Galiza que elabora Medio Rural teña en conta as dimensións familiares das súas explotacións ao fixar as condicións hixiénico-sanitarias que deben cumprir, porque coas directrices que se están a barallar só as empresas terán posibilidades de continuar no mercado. 

    O SLG sostivo tamén a necesidade de que se establezan controis que eviten que as grandes e medianas empresas se apropien da nomenclatura de produto caseiro cando en realidade corresponde unicamente as explotacións familiares, que os elaboran con materias primas e os levan directamente ata o consumidor. 

    Moitas grazas pela súa atención. 

    Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego 
    OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON :
    Ana Rodríguez Vázquez 
    TLF: 659 057 251