Isabel Vilalba, Secretaria de Soberanía Alimentar e responsábel da Secretaría das Mulleres do SLG, canda Xosé Ramón Cendán, Secretario de Relacións internacionais do SLG, atópanse xa en Maputo representando ao Sindicato Labrego, integrante da delegación correspondente á rexión europea.
A Conferencia Internacional é a asamblea principal da Vía Campesina, que ten lugar cada catro anos. É un espazo onde se adoptan de forma colectiva as grandes decisións políticas e de organización.
As e os delegados analizarán a situación actual e debatirán as futuras liñas de acción. A organización anfitriona do evento é a UNAC, Unión Nacional de Campesinos de Mozambique.
Programa:
16-17outubro: Asamblea de xóvenes
17-18 outubro: Asamblea de mulleres
19-22 outubro: Asamblea interna/xeral
23-23 outubro: Asamblea Aberta coa participación de aliados da V.C.
O Sindicato Labrego Galego forma parte da organización internacional Vía Campesina dende a súa creación no 1992, atopándonos agora incluídas/os na recentemente creada Coordenadora Europea Vía Campesina.
Ademais, dende a IV Conferencia da Vía Campesina, Lídia Senra Rodríguez -Secretaria de Organización do SLG-formou parte da Comisión Internacional de Mulleres da Vía Campesina en representación da rexión de Europa, responsabilidade que finaliza neste ano.
Moitas grazas pela vosa atención.
Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego
OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON:
Isabel Vilalba, Secretaria de Soberanía Alimentar e Responsábel da Secretaria das Mulleres,
TLF: 608 905 444
Xosé Ramón Cendán, Secretario de Relacións Internacionais do SLG,
TLF: 619 900 002