Novas

  • Isabel Vilalba denuncia no centro comercial das Termas o peche de 400 explotacións lácteas na Galiza en 2015

    Isabel Vilalba denuncia no centro comercial das Termas o peche de 400 explotacións lácteas na Galiza en 2015

    • 02,Dec 2015
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Así o denunciou diante dos medios de comunicación a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, quen, ademais, considerou “frustrante” que se está trasladando á opinión pública de que os gandeiros e gandeiras están a recibir moitos cartos en forma de axudas. “Podemos afirmar”, explicou Isabel, “que miles de granxas leiteiras non recibiron nin un céntimo e, en canto ás explotacións que si recibiron algún tipo de axuda, ingresaron cantidades moi inferiores ás que están a perder polos baixos prezos. Para o Sindicato Labrego Galego, as axudas non son unha cuestión fundamental. Nós queremos un prezo para o leite que cubra os custes de produción e unhas rendas dignas”.

    Máis de 55.000 granxas pechadas nos últimos vinte anos

    Unha das consecuencias da crise é que, no que vai de 2015, “pecharon as súas portas 400 granxas de leite na Galiza. Se botamos a vista atrás ás últimas dúas décadas, perdemos máis de 55.000 granxas e hoxe ás penas quedan 9.250 en activo. Isto para o medio rural, para o seu tecido socioeconómico e para o emprego é terrorífico”.

    Dando continuidade a esta campaña de denuncia que xa pasou por Compostela e A Coruña, mañá, xoves 3 de decembro, haberá unha concentración gandeira diante do supermercado DIA de Santa Clara, en Pontevedra.

    Isabel Vilalba Seivane nas Termas