Requisitos:— Ser titular dunha granxa inscrita no REAGA.— Ter unha idade mínima de 18 anos (no caso de persoas físicas).— Que a actividade principal sexa a agraria.— Ter capacidade profesional suficiente (formación ou 5 anos de experiencia).— Acadar unha renda mínima equivalente ao 35% da renda de referencia no caso denon ser pequena granxa.— Non ter ningún expediente de plan de mellora dalgunha anualidade anterior sen terpresentado a súa solicitude de pagamento antes do 22/01/2024.— Non ter ningunha axuda concedida pola mesma intervención.— No caso de pequena granxas residir no concello onde se atopa a granxa ou enconcello limítrofe.— Presentar un plan de viabilidade dos investimentos.— Realizar un investimento mínimo de 5.000 € en pequenas granxas e de 20.000 € noresto.Compromisos:— Permanecer na actividade agraria 5 anos dende o pagamento final da axudaImportes da axuda:Axuda de base do 40% do custe elixible ate un máximo 70% en función dos seguintescriterios:— Persoa agricultora moza: +10%— Investimentos en Zona de Montaña ou Rede Natura: +10%— Investimentos en granxas de agricultura ecolóxica: +10%— Titular muller: +5%No caso de incorporarse nunha granxa intensiva a axuda limitarase ao 40%O importe máximo da axuda é de 10.000 € para as pequenas granxas e de 40.000 € para oresto.Xustificación da axuda:— Prazo máximo de 24 meses logo da concesión da axuda.— Un único pago logo da execución dos investimentos.Que se subvenciona:— Investimentos relacionados co almacenamento de xuros e estercos— Investimentos relacionados coa xestión de estercos e xurros— Investimentos de produción de enerxía renovable nas granxas