En concreto, o devandito informe apunta a unha ratio de 82’5 casos por cada 100.000 habitantes en EEUU, fronte á testemuñal 1’5 por cada 100.000 habitantes en Europa. A intoxicación por E.coli verotoxigenica adoita darse a través do consumo de carne picada contaminada pola toxina que produce a bacteria. A bacteria alóxase no intestino dos animais e, se non se manexa de maneira axeitada, a toxina pasa á carne que despois chega ao consumidor. Os síntomas da intoxicación poden ser máis ou menos perigosos aínda que, en caso da rapazada e das persoas maiores, poden chegar mesmo a causar a morte.
“É un exemplo que ilustra en si mesmo os perigos dun posible acordo entre a UE e EEUU para o modelo agroalimentario da UE e a aposta estratéxica dos nosos labregos e labregas pola calidade, a seguridade alimentaria, o benestar animal e o respecto polo medio ambiente”, subliñou Miguel Blanco, secretario xeral de COAG.
Pola súa banda, Blanca Ruibal, responsábel de agricultura e alimentación de Amigos da Terra, destacou que “o TTIP vai apuntalar o modelo agrario industrial, prexudicial para o medio ambiente e a saúde das persoas. Nun contexto de cambio climático e escaseza de recursos naturais é urxente promover unha agricultura local e familiar, que protexa a auga, o solo e a biodiversidade, produza alimentos sans e manteña o medio rural vivo”.
No informe afírmase que, nun escenario de eliminación de barreiras arancelarias e non arancelarias, as importacións de Estados Unidos poderían dispararse un 33.505% en carne de ave, un 3.983 % en carne de porcino, un 966% en carne de vacún, un 901% no leite en po e un 988% n os queixos.
No Estado Español, a análise apunta a un impacto especialmente negativo nos sectores de vacún de carne, porcino, leite, froitas, hortalizas e cereais:
Para COAG, Amigos da Terra e Sindicato Labrego Galego, este informe demostra, unha vez máis, a grave ameaza que supón o TTIP para a seguridade alimentaria, a agricultura e a gandería europea. É urxente avanzar cara a unhas políticas económicas que garantan o dereito a unha alimentación sa e xusta, que beneficie a consumidores e consumidoras máis traballadores e traballadoras e protexa o medio ambiente. O TTIP suporía un atraso sen precedentes nos dereitos dos consumidores e consumidoras, ao tempo que suporía unha competencia desleal para os nosos labregos e as nosas labregas en base a un modelo de produción como o de EEUU, que permite a inxección de anabolizantes, antibióticos e hormonas de crecemento no gando ou a utilización do cloro para a desinfección de carnes (substancias prohibidas dende hai anos na UE polos seus perniciosos efectos).