Novas

  • Ineficiencia no telefone do Centro de Información ó Agro

    Ineficiencia no telefone do Centro de Información ó Agro

    • 16,Abr 2010
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    Isto significa que calquera labrego ou labrega que precise chamar a este número, que adoita ser moi a miúdo, pódese botar máis de unha semana chamando a un telefone que non resposta ou no que resposta un contestador dicindo que “sentimos non poder atenderte”.

     

    Neste número de telefone solicítase a identificación dos animais que nacen (temos que facelo nos sete días de prazo), tamén a retirada de cadáveres, así coma os danos da fauna salvaxe, etc. Podemos imaxinarnos a situación dunha persoa que chama por calquera destes temas, de certa urxencia, e bota día tras día colgada do aparello sen conseguir contactar…

     

    Dende o SLG tentamos comunicarnos coa Administración en repetidas ocasións para solucionar este problema, mais nin se nos explicaron as causas nin obtivemos máis resposta que a de “tende paciencia”.

     

    Non sabemos pois se é por causa da “austeridade da Administración Galega”, por mor de problemas laborais, ou se simplemente trátase dun servizo público máis no que non interesa esforzarse polo seu bon funcionamento e deste xeito ilo lapidando para “liberalizar” a Administración.

     

    Diante da ineficacia actual deste servizo público ás explotacións, dende o SLG pedimos que se sexa restablecido inmediatamente con eficiencia e rapidez. Tamén esiximos que se nos informe aos sectores afectados de cales son os verdadeiros motivos de que teñamos que apandar con esta situación, perdendo mañás enteiras colgados e colgadas dos telefones sen ter contestación, e cos nosos problemas sen solucionar.

     

    Lembramos ás persoas responsábeis do correcto funcionamento do telefone do CIAG que o tempo das labregas e labregos é tan escaso e tan valioso coma o de calquera outra persoa que traballe en calquera lugar, incluída a Administración.