Novas

  • INCORPORACIÓN DE PERSOAS AGRICULTORAS MOZAS

    INCORPORACIÓN DE PERSOAS AGRICULTORAS MOZAS

    • 23,Xan 2024
    • Posted By : sicom
    • 0 Comments

    PRAZO: Dous meses. Até o 23/03/2024Novidades:– Incremento dos importes das axudas de incorporación- Novas liñas de axuda:— Axudas de incorporación para maiores de 40 anos— Axudas específicas para investimentos en almacenamento e xestión de xurros eestercos— Axudas específicas para investimentos en pequenas granxas.- Tramitación exclusivamente electrónica- Prazo de solicitude de 2 meses [23/03/2024]

    INCORPORACIÓN DE PERSOAS AGRICULTORAS MOZAS– Requisitos:— Idade entre 18 e 40 anos (ambos incluídos).— Incorporarse por primeira vez ou nos 12 meses anteriores.— Cumprir coa condición de Agricultor Profesional nos 18 meses posteriores á data deestablecemento— Acadar unha renda mínima equivalente ao 35% da renda de referencia.— Acadar un nivel de capacitación profesional suficiente nos 36 meses posteriores ádata de establecemento.— Non ter recibido a mesma axuda con anterioridade.— Presentar un plan empresarial xunto cun plan de produción e de investimentos– Compromisos:— Permanecer na actividade agraria 5 anos dende o pagamento final da axuda— Participar no programa de titorización de mozas levado a cabo pola consellería demedio rural a través das oficinas rurais.– Importe da axuda:Axuda de base de 30.000 € ate un máximo 70.000 € en función dos seguintes criterios:— Muller: +10.000 €— Incorporarse en Zona de Montaña ou Rede Natura: +10.000 €— Incorporarse nunha granxa de agricultura ecolóxica: +10.000 €— Incorporarse nunha granxa de titularidade compartida: +10.000 €No caso de incorporarse nunha granxa intensiva a axuda limitarase a 30.000 €– Xustificación da axuda:— Prazo máximo de 24 meses logo da concesión da axuda— 2 prazos de pago: 60% logo da concesión e 40% restante logo da execución do planempresarial