Ao acto de inauguración tamén acudiu a Secretaria Xeral Carme Freire, membros da Dirección Nacional e da Executiva Nacional, canda traballadoras e traballadores desta organización.
Dende o Sindicato Labrego Galego queremos chegar a toda a xente, tendo uns servizos e unhas condicións axeitadas para isto, polo que pretendemos que os locais sexan o mais achegados e accesibles posible.
O SLG e, nomeadamente, as traballadoras e traballadores do local de Ordes, agradecemos moi especialmente a participación e presenza neste acto de inauguración.
Moitas grazas pela vosa atención.
Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego
OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON:
Local do SLG en Ordes
Rúa nova 33, baixo dereita, 15.680 – Ordes
TLF: 981 682 908
649 886 267