CAMPAÑA DE ALEGACIÓNS CONTRA A APROBACIÓN DE LICENCIA DAS CONCESIÓNS MINEIRAS DE CUARZO “ALICIA E KARLES “ NO CONCELLO DE COSPEITO.
Hoxe, luns 19, ás 11:30, os colectivos afectados pola concesión mineira para a extracción de cuarzo n´A Terra Chá á empresa Erimsa, fixeron entrega na Casa Consistorial do concello de Cospeito, das alegacións realizadas até o momento.
Malia que até o pasado venres día 16 o prazo final para a entrega de alegacións mantívose no luns 19, o Concello de Cospeito, a instancia do Sindicato Labrego Galego e os colectivos de persoas afectadas, vén de conceder unha prórroga de dez días, nos que se seguirán a aceptar as alegacións.
O SLG pon a disposición dos afectados/as os servizos xurídicos para redactar as alegacións. Poden poñerse en contacto co local do SLG en Vilalba ou pasar polas súa oficina en horario de mañá.
Máis información:
Margarida Prieto, Coordenadora Comarcal do SLG na Terra Chá (TLF: 659 985 308) ou Carlos Montero, voceiro dos colectivos afectados (TLF: 696 755 885)