Os doces de entroido tamén tiveron o seu oco, tanto nos postos de venda como na cantina. Nesta última, repartíronse máis de duascentas racións de filloas, orellas, empanada, crema de verduras, tortilla e caldo de galiña que tiveron no chocolate quente e no viño do país a maridaxe idónea. Outra volta, a Requinta Follas Novas amenizou esta festa que, grazas á colaboración entre o Concello de Teo e o Sindicato Labrego Galego, vai camiño de consolidarse como unha referencia local á hora de mercar alimentos producidos na contorna e que apostan por poñer frescura e calidade na cesta da compra dos e das teenses.