
(*) máis fotos na galería
O SLG demandou a posta en marcha dun plano urxente para o mantemento das explotacións leiteiras: (panfleto do SLG)
1.- O prezo ten que ser o que garanta as nosas rendas, polo tanto é urxente establecer prezos que paguen o noso traballo. Mentras non se establezan as medidas anteriores, establecer dende xa os apoios económicos para evitar o peche de explotacións.
2.- Recuperación dos nosos mercados tradicionais, cun apoio decidido para a colocación do leite e lácteos galegos nos nosos mercados tradicionais. Control férreo ás empresas para evitar que metan leite de fora baixo as súas marcas.
3.- Apoio aos proxectos de venda directa e, normativa hixiénico sanitaria adaptada as explotacións.
4.- Apoio ás iniciativas empresariales de transformación e comercialización do noso leite e para os nosos mercados locais e de proximidade.
5.- Vixiancia exahustiva para que se cumpla a lexislación de protección das terras agrícolas e recuperación de terras xa forestadas para reducir a dependencia dos concentrados e abaratando custes e potenciando a produción da alimentación do gando dentro da propia explotación.
Ligazón á nova en A Nosa Terra:
http://www.anosaterra.org/nova/mais-de-15000-gandeiros-piden-solucions-en-madrid.html
Ligazón á nova en Vieiros: